Se tes vinculación con algunha das Semanas Santas de Galicia, remítenos un vídeo no que narres algunha anécdota significativa de como se vive a Paixón na túa localidade.

Os vídeos deberán ser gravados integramente en lingua galega, coa cámara estática, en formato horizontal con imaxes en primeiro plano e con boa resolución e deben ser remitidos por  wetransfer ao  mail: relatorios@appaixonate.com antes do 15 de setembro.

Xunto cos vídeos deberase remitir un consentimento expreso da persoa que figure no mesmo no que esta consinta a súa difusión na páxina www.appaixonate.com. Este debe engadir o nome completo da persoa que o remite (que debe ser a que apareza na gravación), o seu NIF e o seu consentimento para difundir o vídeo na páxina arriba citada.  

Aqueles vídeos que teñan a calidade oportuna e acheguen algún tipo de valor engadido ás Semanas Santas de Galicia, serán subidos no apartado “relatorios” desta web.